Castellano  |  English  |  Galego  |  Français
Dissabte, 31 de juliol de 2010
Descarrega't l'edició en format pdf.
PUBLICITAT
Crònica - Galiza

Where is “Desván de los Monjes”?
María Obelleiro - Divendres, 12 de març de 2010 15:03

Traballou nas embaixadas de Bonn e Kuwait e foi o responsábel de Asuntos Culturais do Consulado de España en Nova York. Porén, a dilatada traxectoria diplomática non lle valeu ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, para responder ante os seus erros e para admitir perante o Parlamento que “españolizara” Sobrado dos Monxes como Desván de los Monjes e Touro como Toro nunha intervención o pasado 20 de xaneiro en Fitur. “Hai que ser estúpido para crer que eu dixen Desván de los Monjes”, mentía ante a oposición durante o Pleno celebrado o 24 de febreiro. “Aconséllolles que deixen de buscar lixo na internet”, engadía o responsábel de Cultura.

Até a pasada fin de semana, ningún testemuño documental podía demostrar as deturpacións do conselleiro. Todo se reducía ás conversas privadas e a un artigo de opinión do socialista Iván Puentes publicado na páxina web de A Nosa Terra o 29 de xaneiro, no que o rexedor das Pontes aseguraba ter oído en boca de Varela Desván de los Monjes e Toro. Apenas 15 días despois de negalo perante a máxima institución do país, un vídeo colgado na web institucional http://www.galiciavenysientela.com/ daba conta das deturpacións toponímicas cometidas polo responsábel de Cultura. Con total normalidade, Varela citaba nunha conferencia “las tierras de Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Desván de los Monjes, Toques, Toro, Vedra y Vilasantar”.


Cultura culpa o tradutor

A través dun comunicado, a Consellaría de Cultura desculpou o responsábel da Xunta e atribuíu ao “inconsciente” do conselleiro a mentira no Pazo do Hórreo. O gabinete tamén culpou do “erro” de Varela á informática. Cultura sinala que o discurso lido polo conselleiro en Madrid fora redactado en galego e traducido “esa mesma tarde cun tradutor automático”. Unha vez demostrado en vídeo, o desatino de Roberto Varela pasará á historia como un despropósito máis da carteira que dirixe. “Desván de los Monjes” sumarase aos disparates de Xesús Pérez Varela. O que fora conselleiro no Goberno de Fraga falara dos cantos medievais Carmina Burana como “unha das boas cantantes deste país”, chegou a cambiarlle o sexo á cantante irlandesa Sinead O'Connor, á que bautizou como Ocono, e converteu a Berrogüeto en Berrugueto.


O tradutor da Xunta españoliza os topónimos¡

Das ferramentas que traducen en liña do galego ao español, só a empregada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística troca Sobrado dos Monxes por Desván de los Monjes. O tradutor que oferta o Goberno galego foi contratado polo Executivo de Fraga, a través do Centro Ramón Piñeiro, á empresa catalá Incyta –chamada despois Transledium e agora Lucy Software– por un prezo considerábel. A Xunta trataba entón de contrarrestar o proxecto da Universidade de Vigo, con fondos do Ministerio de Industria, que traballaba na posta en funcionamento do Apertium, tecnoloxía na que se baseou o sistema de tradución Opentrad, presentado no 2005.

A diferenza do tradutor da Universidade de Vigo, de código aberto para facer sobre el toda caste de modificacións, o empregado pola Xunta é un sistema pechado que, para calquera actualización, require de novos pagamentos á empresa matriz. Ao contrario que acontece co da Xunta, os tradutores renóvanse co paso do tempo e adáptanse aos antropónimos máis usuais e aos neoloxismos. Así, na actualidade, o Apertium recoñece o apelido Zapatero e non aplica Zapateiro para se referir ao presidente do Goberno español. Tamén incorporou ao sistema o Nomenclátor, de xeito que evita traducións non desexadas como a de Desván de los Monjes ou a de Toro.
PUBLICITAT


PARAULES CLAU
Roberto Varela
Iván Puentes
Desván de los Monjes



  Més Galiza  
  Més Crònica  

30 de juliol de 2010
O BNG reclama “unha nación, sen apelidos” no Día da Patria Galega
23 de juliol de 2010
A Xustiza rexeita arquivar a causa contra o conselleiro Hernández
16 de juliol de 2010
Rosalía non cae no esquecemento
12 de juliol de 2010
O PPdeG foxe da reforma do Estatuto
2 de juliol de 2010
O PP apoia grupos antiabortistas con fondos públicos
25 de juny de 2010
O Goberno central non cumpre co veto a Navantia
18 de juny de 2010
A Xunta dilapida oito millóns en castelanizar os libros de texto
11 de juny de 2010
Solución á crise: baixar os impostos para a segunda vivenda
4 de juny de 2010
O PPdeG pagaría unha campaña electoral con fondos dun suborno
28 de maig de 2010
PP e PSOE, contra a redefinición das deputacións


30 de juliol de 2010 Anàlisi Política
L’opinió del TIJ sobre Kosova anima el Quebec
30 de juliol de 2010 Comunicació
L’ABC tira la pedra i amaga la mà amb el boicot als productes catalans
29 de juliol de 2010 Política catalana
Un independentisme que només traurà el cap unit
29 de juliol de 2010 Afers religiosos
Compàs d’espera a l’Església basca
29 de juliol de 2010 Euskal Herria
Per què els bascos no agafaran el toro per les banyes
28 de juliol de 2010 Pla de Lleida
De bèsties i drets
28 de juliol de 2010 País Valencià
Pajín, de dol
28 de juliol de 2010 Internacional
La font de la legitimitat del Kosovo independent
28 de juliol de 2010 Política catalana
Els tres escenaris electorals de Solidaritat Catalana

Amb el suport de: