Indica publicitat
Dijous, 9 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 2 de de març del 2009 | 12:07
Crònica · Galiza

O PP volve á Xunta

Ningunha enquisa o reflectía, pero o PPdeG vén de gañar as eleccións cunha ampla maioría absoluta, ao acadar 39 escanos. Nas eleccións do 2005, os populares lograban 37 cadeiras no parlamento, rozando o límite que lle outorgaría o poder. O PSdeG obtivo 24 deputados, un menos que nas anteriores eleccións ao perder un escano en Pontevedra, e o BNG, quedou con 12 parlamentarios, tamén un menos que na cita electoral do 2005 ao quedar sen un escano da Coruña. Os populares lograron recuperar a Xunta logo de sumar 54.000 votos respecto hai catro anos e superaron as 757.700 papeletas ao seu favor. Pola súa banda, o PSOE perdeu máis de 28.700 sufraxios nas catro circunscricións galegas e o BNG retrocedeu en máis de 40.200 apoios.??

 

Nestes comicios do 1 de marzo, poucos galegos e galegas ficaron na casa. Rexistrouse a participación máis alta da historia das autonómica, con algo máis do 70 por cento. Malia que todo apuntaba a que o abstencionismo favorecería o PP, o PSOE e o BNG teimaban en mobilizar a sociedade contra o que chamaban a "desmobilización do PPdeG", os resultados demostraron o contrario. A alta participación traduciuse nun maior apoio para os conservadores.

 

As grandes cidades, a clave

 

Este PPdeG que se vén de facer co poder na Xunta é ben distinto ao PP de Fraga, porque non construíu a forza desde os feudos rurais, senón que a logrou nas grandes urbes. O BNG, que perdeu ao redor do 2 por cento no global dos votos, recibiu o meirande castigo nas cidades, especialmente en Ferrol, na Coruña e mais en Ourense. Na primeira delas perdeu máis dun 6 por cento dos votos, un total de 3.000. Na Coruña, os nacionalistas perderon un 7 por cento respecto á cita electoral do 2005, uns 10.000 votos. En Ourense, onde o BNG conseguira hai dous anos entrar por vez primeira no Goberno municipal, o partido que lidera Anxo Quintana perderon case 4.000 votos, o 7 por cento dos apoios.

 

Despois de moitos anos de hexemonía do PSOE na cidade da Coruña, o 1 de marzo o PP converteuse na forza máis votada. Os socialistas perderon o seu posto de forza máis votada, cunha queda de ao redor do 6 por cento, 8.000 votos menos a respecto do 2005. En troques, o PP aumentou os seus votos en 10.000 papeletas, cun 8 por cento máis de votos que hai catro anos Nunha primeira análise parece demostrado que a estratexia urbanita do PP encontrou acomodo entre a maioría do electorado coruñés

 

Outras siglas

 

Galiza segue a estar dominada polo tripartidismo, xa que ningún outro partido logrou representación no Hórreo. As siglas extraparlamentarias tiveron dous novos convidados que entraron directamente ao cuarto e quinto posto das opcións máis votadas. Unión, Progreso y Democracia (UPyD) beneficiouse da gran campaña nos medios da súa líder estatal, a deputada no Congreso Rosa Díez, e logrou máis de 23.000 votos, o 1,45 por cento. O seu mellor resultado deuse nas cidades, especialmente na Coruña, onde lograron case 4.500 votos.

 

Terra Galega (TEGA), o partido de Xoán Gato, obtivo máis de 18.000 votos (aproximadamente o 1,15 por cento). Tras as liortas internas, o ex alcalde de Narón centrou todo o seu rendemento electoral no seu propio carisma. Os moitos anos de protagonismo político en Ferrolterra déronlle froitos. En Ferrol conseguiu máis do 7 por cento dos sufraxios e en Narón TEGA foi a segunda forza máis votada, a só 1.000 votos do gañador, o PP.

 

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat