Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 2 de d'octubre del 2009 | 13:32
Crònica · Galiza

Colectivos a prol do galego manifestaranse o 18 de outubro

As diferentes iniciativas cidadás creadas nos últimos meses en defensa da lingua confirman o seu apoio de xeito individual á manifestación a prol do idioma convocada por "Queremos Galego" o vindeiro 18 de outubro ás 12 horas na Alameda de Compostela. Desde "Cambia Galicia" -que non funciona a xeito de plataforma-

sinalan que se manteñen en contacto "con outros colectivos, como ProLingua e Queremos Galego" e aseguran que "a nivel individual -nós non nos movemos como grupo- cómpre reforzar todo o que se faga en defensa do galego", como a manifestación do próximo día 18.

O colectivo explica que "o traballo que desenvolvemos é diferente ao das outras entidades, nós traballamos nunha caste de laboratorio de ideas para cambiar a mentalidade da sociedade. Trátase dun traballo de sensibilización a longo prazo". Manuel Bragado, un dos impulsores do manifesto "Galego. Patrimonio da Humanidade", que xa recadou máis de 2.000 adhesións, anima os galegos e galegas a asistir á marcha convocada por "Queremos Galego". "Nós non nos movemos como grupo, creamos o manifesto, pero hoxe en día xurdiron novas iniciativas que hai que apoiar", explica Bragado, que subliña a importancia de que cada vez "haxa máis plataformas cívicas de apoio á lingua" e de que "teñamos un espazo de encontro o máis amplo posíbel". Nesta liña, o director de Xerais chama a sociedade "a apoiar a manifestación como calquera outra iniciativa a prol do galego".

Á manifestación do próximo 18 de outubro tamén asistirán os promotores de "ProLigua", "plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galiza (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real". Malia que a entidade proclama no seu manifesto que "nunca se sumará como ProLingua a ningunha acción allea", representantes do colectivo promoven a asistencia á marcha de "Queremos Galego". "Moitos de nós estamos en toda canta iniciativa xorde a favor da lingua", explica un dos impulsores, que di estar facendo "campaña a favor da manifestación". Un dos seus integrantes, Rafael Cuíña -militante do PP e fillo do histórico dirixente popular Xosé Cuíña-, xa confirmou a súa participación na marcha en defensa do galego.

Namentres, "Queremos Galego" afánase no proceso de ampliación territorial coa organización de asembleas abertas en 21 comarcas. Fran Rei, da comisión xestora da plataforma, explica que cómpre "ampliar apoios para conseguir o máximo número de entidades" e engade que o proceso de adhesións tanto individuais como colectivas será progresivo, "mantemos as portas abertas de Queremos Galego en todo momento". A organización abriu o martes, 29 de setembro, na web www.queremosgalego.org, a posibilidade de sumarse á iniciativa en defensa do idioma. Defensa da lingua por riba de militancias "Gustaríanos que se materializasen apoios vinculados ao PP, que estas persoas saísen publicamente en defensa da lingua, porque se trata dunha batalla na que temos que estar todos por riba de militancias", admite o representante da plataforma. Nesta liña de traballo, Rei sinala que "Queremos Galego" xa se dirixiu oficialmente ao PSOE, UGT e CC OO, entre outros, para apoiar as accións da plataforma.

"Amosáronse receptivos e positivos, sobre todo no que atinxe á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola garantía dos dereitos lingüísticos", afirma. De cara á manifestación convocada por "Queremos Galego" en defensa do idioma -que partirá das 12h00 da Alameda de Santiago-, a plataforma trata de sumar un amplo número de participantes. "A nivel comarcal existen contactos e aproximacións importantes", apunta Rei, quen confirma a asistencia de representantes do PSOE a nivel local e comarcal.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat