Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 3 de de gener del 2008 | 16:11
Crònica · Galiza

Balance político do 2007


O ano pechouse en Galiza co discurso institucional do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no que apelou á unidade e ao diálogo. Mentres que o líder do PsdeG definiu o 2007 como “un ano de estabilidade e progreso”, o PPdeG subliñou que as promesas electorais do bipartito non se materializaron e o BNG criticou que o discurso non fixese alusión ao peso de Galiza no Estado. Ao inicio do seu discurso de Fin de Ano, Touriño optou por facerlles unha homenaxe aos emigrantes “porque foron eles quen tenderon pontes que proxectan Galiza ao exterior e abriron os poros da nosa terra a todos os ventos e acentos culturais”. De aí que, subliñase que Galiza “está obrigada a ser un país aberto e solidario”. Na súa intervención, Touriño reclamou que se precisan consensos globais para abordar o problema da ordenación do territorio e o do medio ambiente. No que atinxe ao ano que vén de rematar, o presidente da Xunta e líder socialista falou dun ano de “estabilidade e progreso” e apuntou que os galegos “imos por bo camiño”.

 Pola súa banda, Francisco Jorquera, coordinador da Executiva do BNG e senador nacionalista, botou en falta do discurso de Touriño o papel de Galiza no Estado que, malia que "aínda queda por facer", mellorou nos últimos anos. O nacionalista puxo en relevo a actuación do BNG no "cambio social" de Galiza e destacou o Sistema Galego de Benestar, o Banco de Terras, o Plan de Vivenda, o decreto eólico e o impulso polo deporte de base como os "logros" nacionalistas. Non obstante, Jorquera recoñeceu que aínda quedan “moitos desafíos por diante” e fixou como principais liñas de actuación a reforma da CRTVG e do voto emigrante.

Segundo o PPdeG, no discurso de Touriño faltou autocrítica. O secretario xeral dos populares en Galiza, Alfonso Rueda, apuntou que as promesas electorais non se materializaron, que non existe austeridade no gasto público e que a Xunta “bate récords” na contratación de persoal de confianza. O PpdeG considera que a calidade dos servizos públicos viuse deteriorada e que os investimentos descenderon. Rueda sinalou que o presidente da Xunta “pasou de puntillas” sobre cuestións como o incremento dos prezos, a dificultade dos mozos para acceder a unha vivenda, a precariedade laboral ou o deterioro da saúde pública. O secretario xeral do PPdeG tamén se referiu a “problemas de cohabitación do bipartito”.

En canto ao balance de actividade parlamentaria, o voceiro do PsdeG, Ismael Rego, destacou o bo ritmo lexislativo e o feito de que Alberte Núñez Feixóo, líder do PPdeG, “non conseguira trasladar a Galiza o clima de crispación de Madrid”. Carlos Aymerich, voceiro nacionalista, apuntou que a proximidade das eleccións non debe de xerar máis crispación e expresou que un dos deberes que debería cumprir no ano que comeza o Goberno é a modificación do regulamento da Cámara. Manuel Ruiz Rivas, voceiro do PPdeg no parlamento, suspendeu o Goberno en materia lexislativa, “o Goberno non é capaz de entenderse e, polo tanto, non é capaz de mandar leis da importancia da de Publicidade institucional, da CRTVG ou de Ordenación do Territorio”. Os populares tamén criticaron a actitude da presidencia do parlamento e cualificaron as dúas últimas expulsións como“a gota que está a encher o encoro de pequenos agravios que, pleno a pleno e iniciativa a iniciativa, se está a facer co noso grupo”. Ruiz Rivas tamén quixo cualificar os grupos de apoio á Xunta de "kale borroka" do Parlamento, facendo "oposición á oposición".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat