Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 10 de de juliol del 2008 | 18:03
Crònica · Galiza

O PPdeG apoia a subcomisión de seguimento das obras que propuxo o BNG


O Grupo Parlamentario Popular subscribiu hoxe a proposición non de lei conxunta para reclamar a creación dunha subcomisión no seo da comisión mixta Estado-Xunta para reclamar o cumprimento dos prazos do AVE. Deste xeito, os populares galegos súmanse á iniciativa do BNG. Pouco antes das 12.00 horas, a iniciativa conxunta foi rexistrada na Cámara autonómica despois de que a subscribisen os 'populares' minutos antes e o BNG, que impulsou a iniciativa, e que a asinou hoxe sobre as 10.15 horas. Antes, Alberte Núñez Feixóo xa lle dera "instrucións" ao voceiro do grupo parlamentario, Manuel Ruiz Rivas, para que rubricase a iniciativa conxunta e xa lle remitira unha carta ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, para informalo.
Coa subscrición do PPdeG na subcomisión de seguimento das infraestruturas, os tres grupos parlamentarios apoian á proposición non de lei para esixir o cumprimento das obras do AVE. Nesta, agrúpanse as dúas proposicións aprobadas no Congreso dos Deputados, unha do PP sobre a creación dunha subcomisión e outra do BNG para a fiscalización das obras, xunto coa iniciativa socialista rexistrada no Parlamento autonómico, na que se fai referencia ao 8 por cento dos Orzamentos Xerais do Estado para Galiza e o inicio "inmediato" das obras no Ourense-Santiago ao seu paso por Serrabal. Nesta mina, propiedade de Villar Mir, os técnicos de Adif víronse con trabas para comezar cos labores de construción da vía, xa que os traballadores boicotearon os traballadores e lles impediron o paso nunha morea de ocasións. Na carta que Feixóo lle enviou a Quintana, o líder 'popular' argumentou que a súa adhesión á proposición conxunta responde a un exercicio de "lealdade institucional" para "esixirlle ao Estado a inclusión das partidas orzamentarias necesarias" para garantir a chegada do AVE "en prazo". "Quero comunicarlle que acabo de darlle instrucións ao voceiro do grupo parlamentario para que proceda a asinar a proposición non de lei conxunta que están a negociar os tres grupos nos últimos días", escribiu na carta e engadiu: "todo iso co fin de axilizar ao máximo a posta en marcha neste mes de xullo a subcomisión de seguimento das infraestruturas".

O presidente do PPdeG afirmou que Galiza "non pode esperar até setembro" para crear a subcomisión do AVE e esixiulle a Quintana que impulse a "inmediata posta en marcha" deste órgano.

Pola outra banda, o PPdeG instou o PSOE a que "rectifique" a súa posición e "non boicotee" a creación da subcomisión para "solucionar a paralización" das obras do AVE. "Xa sabemos que votou en contra, en Madrid, pero que espero que rectifiquen a súa posición", sinalou Feixóo. O presidente do PPdeG admitiu que o vicepresidente da Xunta "mantivo unha posición razoábel ao garantir que o PP" poida participar no seguimento das obras e advertiu de que Galiza "non pode esperar até setembro" porque hai que garantir os investimentos para a consecución das obras.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat