Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 11 de d'abril del 2008 | 17:51
Crònica · Galiza

O caso Mari Luz dispara os rumores entre os pais


Hai anos unha lenda urbana advertíalles aos pais que termasen dos nenos nos hipermercados porque había unha banda que se adicaba a capturalos, metelos no baño e cortarlles o pelo para poder secuestralos sen que os recoñecesen. Tamén se di que as empregadas de varias tendas de roupa de nenos se viron na obriga de pechar os establecementos polo intento de rapto dalgún neno en máis dunha ocasión. Estas situacións irrompen na sociedade en forma de alarma colectiva, unha histeria que chega a converterse en enfermiza cando se anuncian casos como o de Yeremi, o de Madeleine ou o de Mari Luz. Nos últimos meses, en Galiza coñecéronse decenas de denuncias de intento de rapto de nenos. Pais de Vilanova de Arousa, a Pobra do Caramiñal, Boiro ou Camariñas senten pánico dende que coñeceron supostos intentos de secuestro nas súas vilas. Falsa alarma

O medo e a preocupación apoderáronse dalgúns pais de alumnos dos Salesianos, en Vigo, ao decatarse de que un home cunha carapucha percorría os arredores das instalacións. "Creouse un grande escándalo e unha grande alarma por nada", explica unha nai. Como na meirande parte dos casos, o home non era un secuestrador. Tratábase dun pai, que se atopa en trámites de separación, ao que a muller non lle permitía ver o fillo e simplemente trataba de ver o menor. Por suposto, non levaba carapucha ningunha, iso fora un engadido da imaxinación popular, como logo recoñeceron fontes próximas ao colexio.

Histeria colectiva ou realidade?

Manuel Castro, especialista en Psicoloxía Clínica, considera que rumores como o descrito responden á histeria e á alarma social. "Casos como o de Mari Luz espertan un dos temores máis sensíbeis dos individuos". Segundo o psicólogo, a alarma dos adultos fronte a estes problemas pode derivar en dúas vertentes, "denúnciase e publicítase todo ou dánse situacións ambiguas que desencadean en alarma cando noutros contextos non tería por que ser así". Castro asegura, "nestas situacións a xente comunica con máis liberdade, está máis sensíbel e interpreta de máis".

O psicólogo advirte que as alarmas sociais "fan que moitas cousas se malinterpreten e aumenten e o perigo é que a esaxeración tape casos reais". Segundo explica, cando aparece un rumor a nivel social "a historia pode deformarse até tal punto que chega a ser inventada e as lendas urbanas acaban afectándolle á realidade". Castro critica o tratamento que recibiu na prensa o caso Mari Luz, "amplificárono". O membro do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia defende a información, pero non a "amplificación nin convertelo en enfermizo".

Para atallar esta alarma social, Castro recomenda que os poderes "tomen e asenten medidas de precaución e llo fagan saber á xente para que se sinta máis segura". O psicólogo engade que o caso de Mari Luz "destapou a inoperancia policial, e isto é unha oportunidade para resolver estes problemas e transmitírllelo á sociedade é importante".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat