Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 12 de de febrer del 2010 | 14:06
Crònica · Galiza

O BNG pídelle a Zapatero que permita unhas caixas ao servizo de Galiza

A primeira reunión entre o presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, e o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, tratou a necesidade de que a Presidencia española na UE inclúa "unha axenda galega" e a demanda ao Goberno central de que retire o recurso de inconstitucionalidade, así como a análise da crise económica. O encontro, cualificado polo nacionalista de "agradábel e distendida", prolongouse na tarde do luns 8 de febreiro máis de dúas horas.

Guillerme Vázquez tratou con Zapatero a crise política aberta polo Goberno español con Galiza ao ter presentado a pasada semana un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas. "Nesta lei o BNG tivo moito a ver. Agora atopámonos cun recurso inxustificado por parte do Goberno. Un recurso que só busca impedir a fusión galega e iso inevitabelmente se traduciría na deslocalización das nosas caixas, a que perdésemos os centros de decisión", afirmou o líder do BNG logo da súa primeira xuntanza con Zapatero.

O recurso provocou a discrepancia entre os dous líderes políticos. "O presidente afirma que é un recurso técnico. Eu díxenlle que na miña opinión é un recurso político. Para nós, a lei é plenamente constitucional e ten contidos idénticos a outras leis que non foron recorridas", alegou o portavoz nacional. ??Sobre unha eventual negociación do contido da lei, afirmou que "negociar as leis é un pouco complicado". "Os parlamentos autonómicos teñen dereito a elaborar leis. A partir de aí estas son constitucionais ou non. Nós cremos que esta o é. E non vexo ben que é o que hai que negociar", engadiu.

Vázquez enfatizou, se a intención do PSOE e o PP é "negociar o reparto do poder" na entidade resultante da fusión "o BNG aí non vai entrar". "Nós non estamos por un reparto do poder, estamos por que a lei poña as caixas ao servizo da economía produtiva de Galiza. Temos tanto dereito como os cataláns, os vascos, os andaluces ou os madrileños", resaltou. Pediu que "impere a razón" e que "poida haber caixas ao servizo de Galiza, como as hai ao servizo de Catalunya, Euskadi e Andalucía".


Axenda galega na UE

Ademais, o portavoz nacional do BNG pediulle a Zapatero que abra unha axenda galega na Presidencia semestral da Unión Europea e que asuma como propios obxectivos como o levantamento do veto que pesa sobre Astano, o impulso dunha nova política agraria que dea viabilidade ao sector lácteo galego ou a defensa dos intereses da flota de pesca galega en Europa, na perspectiva de que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca por parte da UE.

Sobre o sector lácteo, o líder do BNG pediu a intervención nos mercados para garantir prezos dignos e a redistribución de dereitos de produción, de maneira que se reduzan as cotas aos estados excedentarios e se incrementen as dos deficitarios -entre eles o español, para así beneficiar os intereses galegos.?? Guillerme Vázquez lembrou especificamente o compromiso contraído polo presidente do Goberno co BNG no Pleno do Congreso dos Deputados de defender en Europa o levantamento do veto. "Ese compromiso tense que materializar agora", enfatizou o líder do BNG.


Crise económica

No que atinxe á crise económica, o portavoz nacional trasladoulle ao presidente do Goberno que "non é baixando as pensións nin abaratando o despido como se vai superar esta difícil situación". Criticou especialmente o tema das pensións por ser "socialmente inxusto" e "por castigar con maior dureza a aqueles países que, como Galiza, teñen pensións por debaixo da media estatal". "O BNG está claramente por outro modelo económico, que claramente prime a economía produtiva sobre a especulativa e que non se basee na precarización das condicións de vida dos traballadores e das traballadoras", dixo. A saída á crise debería ir, por contra, por "garantir o dereito de todos os territorios, a comezar por Galiza, a desenvolver os seus sectores produtivos".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat