Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 13 de de desembre del 2007 | 16:32
Crònica · Galiza

Desbloqueo de nove transferencias e compromiso de liquidar a débeda histórica


Nove competencias e a sinatura, o vindeiro 8 de xaneiro, para liquidar o pagamento dos 51 millóns de euros de débeda histórica en materia social son o resultado da cimeira entre o presidente do Goberno estatal, José Luis Rodríguez Zapatero, e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Unha hora e media de reunión na Moncloa serviu para que Galiza conte con nove transferencias máis para o 2008 e para acadar o compromiso de que os 51 millóns de euros de débeda histórica se fagan efectivos. Quintana, que se amosou satisfeito tras a cimeira, cualificou o acadado como "o paquete máis importante de transferencias" que recibe Galiza en anos.  Sumadas ás cinco competencias xa cedidas na actual lexislatura, as nove transferencias que veñen de acordar farán de Galiza a segunda comunidade con máis competencias, detrás de Catalunya.  

No mes de xaneiro terá lugar a reunión da comisión mixta que vai activar o traspaso das competencias. Entre as transferencias pactadas figuran a titularidade dos arquivos, museos e bibliotecas do Estado. Nesta área, tamén se acordou poñer en marcha os mecanismos necesarios que posibiliten a inmediata cesión ou uso do Castelo de Monterrei.

Quintana e Zapatero tamén pactaron o traspaso da xestión de bolsas e axudas ao estudo, a expedición de títulos académicos non universitarios, a declaración de utilidade pública de asociacións e a titularidade pública do Hospital de Defensa de Ferrol. Non obstante, entre as competencias pactadas non se atopa Salvamento Marítimo nin Tráfico. Sobre a proposición de lei acordada polos partidos galegos para esixir o traspaso das competencias de Tráfico e Seguridade viaria, Quintana subliñou que este punto non está recollido no actual Estatuto de Autonomía, polo que a iniciativa terá que ser vista no Congreso. Por mor dos prazos, até a seguinte lexislatura non será posíbel. En canto á Inspección de Traballo, o líder nacionalista e Zapatero chegaron a un acordo para definir as condicións necesarias para trasladar no futuro esta competencia a Galiza.

Ademais de concretar nove transferencias, a reunión serviu para fixar o 8 de xaneiro como data de sinatura do convenio para que se faga efectivo o pagamento da segunda partida da débeda histórica en materia de servizos sociais. En concreto, o novo convenio a asinar en xaneiro supón unha contía de máis de 51 millóns de euros. Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, este acordo fará posíbel que Galiza conte nos próximos dous anos con dous centros de atención diúrna para discapacidade intelectual, outros dous centros de atención diúrna para persoas que sofren dano cerebral e 26 centros de día para persoas dependentes. Isto suma 329 prazas de atención á discapacidade e 1.088 prazas de atención á dependencias. Logo da reunión, Anxo Quintana indicou que os acordos demostran que para Galiza "non é boa a confrontación nin a submisión ao Estado".

No que atinxe aos orzamentos do Estado, o líder do BNG apuntou que o partido nacionalista "non vai apoiar este veto por coherencia". Quintana lembrou que foi precisamente el quen no Senado, en nome do seu partido, impuxo o veto aos primeiros orzamentos de Zapatero e, neste senso, afirmou que o BNG "adopta as súas posicións políticas en Madrid en función do que considera lóxico, xusto e oportuno para Galiza". Respecto á reivindicación de conseguir que os orzamentos do Estado recollan o 8 por cento dos investimentos totais en infraestruturas para Galiza, "temos logrado ese obxectivo en dous orzamentos sucesivos e, como é lóxico, non vetaremos uns orzamentos que nós temos negociado, porque non sería bo para Galiza".

 

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat