Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 17 de de gener del 2008 | 17:11
Crònica · Galiza

A Xunta destinará o sete por cento do orzamento a servizos sociais


A Vicepresidencia da Xunta presentará este ano no Parlamento un proxecto de lei que, de cumprirse, obrigaría por vez primeira a Xunta a adicar o sete por cento do seu orzamento aos servizos sociais. O vicepresidente Anxo Quintana asegura que as políticas de benestar "están en primeira liña da axenda de prioridades". Con este sistema, Vicepresidencia pretende artellar un aparato semellante ao do Sergas.
A nova lei recolle a obriga do Goberno galego de adicarlle aos servizos sociais dous puntos máis que na actualidade a partir de 2014. Esta nova porcentaxe non só subirá no orzamento da Xunta, xa que os concellos de máis de 20.000 habitantes tamén terán que destinar o sete por cento a estas materias, o que supón o incremento dun punto respecto á porcentaxe actual. Pola súa banda, os concellos de menor tamaño terán que seguir aportando o catro por cento dos seus recursos se forman parte dunha mancomunidade ou un seis por cento se van por libre. Serán seis os anos que teñen de prazo os municipios para acadar estes mínimos. De non acadalos, exporíanse a perder financiamento.

Este incremento do orzamento traducirase en melloras sociais. Vicepresidencia propón a creación dunha unidade de intervención social para cada 10.000 veciños nas zonas urbanas e unha por cada 3.000 habitantes no rural. En canto ás residencias de maiores, prevé ofertar 21.000 prazas nas residencias para maiores de 65 anos. O 30 por cento das 91.000 persoas dependentes que precisan de axuda nas súas casas tamén serán atendidas de aprobarse a lei. Tamén aumentarán as prazas nos centros ocupacionais ou ben se crearán centros específicos para as persoas que teñan algunha discapacidade intelectual. Pola súa banda, os discapacitados físicos contarán con centros de Recursos e Integración Social. Para os menores artellarase unha rede pública para a súa protección e tutela.

O gabinete de Quintana tamén pretende crear a figura dun asistente social de cabeceira, un historial social de cada galego e unha tarxeta semellante á sanitaria. Con esta nova lei modificarase o réxime sancionador, xa que dende entón destinarase o importe das sancións directamente á política social.

O número dous da Xunta cualificou o texto como "unha carta de recoñecemento de novos dereitos sociais" dotada de "medidas económicas". Tamén o definiu como un "sistema nacional galego" de benestar. O nacionalista adiantou que os galegos terán acceso de balde ao novo sistema , aínda que se "por razóns de viabilidade" houbese que pagar, os cidadáns destinarían os cartos en función da súa renda.

As reaccións a tan revolucionario sistema de benestar social non tardaron en chegar. O socialista Carlos Fernández, presidente da Federación Galega de Municipios, amosou a súa "absoluta discrepancia" con estas obrigas dos concellos. Tamén falou da "grave inxerencia na autonomía local" e pediu "liberdade" para que os municipios marquen as súa prioridades.

O Bloque Nacionalista Galego aplaudiu o anteproxecto de Lei de Servizos Sociais. Os nacionalistas consideran que este paso representa o "cambio transformador" que os cidadáns pediron nas pasadas eleccións autonómicas. Roberto Mera, secretario de Acción Municipal, considera "preocupante que quen se di representante dos concellos galegos prefira optar polas políticas anacrónicas do asfalto e do cemento e se opoña ás novas políticas sociais que impulsan a autonomía, a inclusión social e o disfrutre de novos dereitos sociais". O BNG agarda que a opinión de Carlos Fernández non sexa extensíbel á do PSOE. Os nacionalistas amósanse convencidos de que boa parte dos concellos comparten estas novas políticas.


Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat