Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 18 de d'octubre del 2007 | 17:19
Crònica · Galiza

O Parlamento reclamaralle as competencias de Tráfico ao Goberno central


Dende que a Xunta iniciou as negociacións con Madrid para avanzar no traspaso das setenta competencias, só se completaron tres, o Instituto Social da Mariña, o Título de Xestor Administrativo e o CEIP “Juan de Láncara” de Ferrol. O parón do traspaso das competencias é un síntoma grave do papel de Galiza no Estado que non só afecta nas relacións política, senón tamén nas económicas e nas sociais. Galiza non logra equipararse a Catalunya e a Euskadi en canto ao nivel de autogoberno. As áreas nas que xa había acordos previos entre a Xunta e o Goberno central aínda seguen sen ser transferidas. A materialización dos traspasos foi abordada en xuntanzas que mantiveron o pasado mes de febreiro entre Touriño e Zapatero e entre Quintana e Jordi Sevilla. O propio ex ministro dicía entón que tanto o goberno galego como o central darían prioridade a sete competencias, “acordamos crear un grupo de traballo que estará antes dun mes en funcionamento e que, antes do verán, fará un informe sobre cal é o grao de maduración e a posibilidade de avanzar de aquí a final de ano nestes traspasos”, afirmaba. Dende entón, pouco se ten progresado nas materias. Parece que pouco importa que o Goberno central de desdiga e que os socialistas galegos dubiden entre obedecer a Madrid ou ser coherentes co asinado no pacto de goberno co BNG.

Un acordo con lecturas dispares

Finalmente, os tres grupos parlamentarios puxéronse de acordo para reclamarlle a Madrid o traspaso dunha das setenta materias que a Xunta lle entregara ao Goberno central. Malia o consenso das tres forzas políticas, as interpretacións son ben diferentes. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, considera que a iniciativa demostra que se coloca o parlamento no centro da vida política e que une todos os grupos parlamentarios nunha loita común. Pola súa banda, os socialistas cren que a iniciativa é electoralista e os populares reclaman un maior compromiso no bipartito á hora de pedirlle a Madrid as competencias.

Para reclamarlle ao Goberno central a aprobación, mediante Lei Orgánica, da transferencia das competencias de tráfico, era preciso que os tres grupos redactasen unha proposición de lei. Tanto PPdeG, como PSdeG-PSOE e BNG achegaron as súas posturas nunha reunión convocada por Quintana e na que participaron o propio vicepresidente, o secretario xeral de Relacións Institucionais, Xabier Ferreira, e os voceiros dos grupos parlamentarios, o popular Manuel Ruíz Rivas, o socialista Ismael Rego e o nacionalista Carlos Aymerich.

Rego, voceiro do PSdeG- PSOE, advertiu da necesidade de aprazar a xestión de Tráfico á próxima lexislatura, ao non dispor de tempo para tramitar a concesión nunhas Cortes que están a piques de seren disoltas por mor da celebración das eleccións xerais. Pola súa banda, Aymerich, voceiro nacionalista, admitiu que será “complicado” tramitar a Lei Orgánica para o traspaso nesta lexislatura. Non obstante, subliñou a importancia que supón que a Cámara galega sexa quen de fixar por escrito a axenda política do país.

As transferencias segundo os políticos galegos

O popular Xaime Pita asegura que “non é de recibo a actitude de Madrid con Galiza cando neste mesmo período si houbo transferencias importantes a Andalucía e Catalunya”. Ademais, subliñou que Galiza é a primeira comunidade en número de accidentes e “aínda temos que soportar declaracións prexuizosas do director xeral de tráfico”.

Pola súa banda, Xaquín F. Leiceaga, do PSOE, apunta que “estamos nunha situación que está condicionada pola proximidade das eleccións xerais” e que “o Goberno está centrado noutras cousas, especialmente nos Estatutos doutras autonomías”. Leiceaga sostén que é mediante os Estatutos “como se amplían as competencias, e no caso de Galiza non foi posíbel por culpa do PPdeG”. O socialista considera que ao final da lexislatura galega “teremos a das Illas Atlánticas, Inspección de Traballo e mesmo a de Tráfico”.

 En canto aos nacionalistas, Antón Losada afirma que as reticencias de Zapatero ante o proceso de transferencias en Galiza “é circunstancial e hai que enmarcala no proceso das vindeiras xerais” e que “o PSOE non quere abrir novos flancos que poden servir para que sexa atacado polo PP. Pero penso que o proceso continuará inmediatamente logo das xerais”. Losada manifesta que para o Goberno central “élle difícil explicarlles aos galegos que o autogoberno avanza en Catalunya, Andalucía, Aragón e mesmo en Ceuta e Melilla e non aquí”. O nacionalista confía en acadar as competencias en Inspección de Traballo, Salvamento Marítimo, Ordenación do Territorio e a conversión da Comisión Bilateral de Transferencia “nun verdadeiro órgano bilateral de relacións Xunta-Goberno central”.

 

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat