Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 21 de de novembre del 2008 | 14:51
Crònica · Galiza

O PPdeG, ás voltas co 'bilingüismo cordial'

Esta semana, o "galeguista e cidadán español", así se definiu, Alberte Núñez Feixóo participou no Fórum Nueva Economía en Madrid, onde volveu ratificar que, se gaña as eleccións autonómicas do ano que vén, derrogará o decreto que regula o emprego da lingua galega no ensino e volverá impoñer as leis aprobadas durante o Goberno de Manuel Fraga para retornar á etapa de "liberdade idiomática e bilingüismo cordial en Galiza".

 

 

Arroupado polo líder do PP, Mariano Raxoi, e polo ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, Núñez Feixóo incidiu en que "o peor que se pode facer coas linguas é prohibilas ou impoñelas". Malia que é sabido que existen estudos que apuntan ao incumprimento do decreto do galego no ensino, os 'populares' seguen recorrendo á idea de que esta norma posibilita que as crianzas rematen o ciclo educativo sen saber escribir ou falar correctamente o idioma dunha "nación con máis de 500 anos que é España". E iso que vén de saír á luz unha sondaxe preliminar sobre o grao de cumprimento deste decreto na que se atoparon indicios de que o castelán segue a ser a lingua maioritaria na meirande parte das materias.

 

 

O líder dos 'populares' galegos apuntou que se esforzará "máis que nunca" para obter a maioría absoluta nas autonómicas, que posibelmente se celebren entres febreiro e marzo, para "acabar coas prácticas caciquís". Ademais, volveu facer referencia a un cambio da lei electoral para que "gañe o partido máis votado. Feixóo valeuse do presidente electo nos Estados Unidos para ilustrar a comparación. "O futuro presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, non podería gobernar na Xunta porque só obtivo seis puntos de diferenza respecto aos republicanos mentres que o PP nas últimas eleccións galegas tivo dez puntos de diferenza e quedou a un escano da maioría absoluta".

 

 

Ademais, seguindo a liña da dirección estatal do PP, Feixóo acusou o bipartito galego de recoller un país que creaba emprego a presentarse ás próximas eleccións autonómicas destruíndoo. "Galiza está a punto de pechar unha etapa e creo que é necesario outro rumbo e outro rumbo é posíbel. O goberno de Galiza carece de proxecto político. O bipartito non foi capaz de crear un proxecto ilusionante porque estaba obsesionado con borrar o pasado". O líder dos 'populares' galegos aproveitou o contexto para dar a coñecer o seu "proxecto de futuro", que se basea en cinco eixos: fomentar a economía produtiva para a creación de emprego, garantir a solidariedade entre os máis débiles, a ordenación e artellamento do territorio, unha xestión pública eficaz e máis calidade democrática.

 

 

Instituto de Crédito Oficial

 

O Instituto de Crédito Oficial, proposta polo BNG, tamén foi obxecto das verbas do presidente do PPdeG. Nunha semana na que o ICO foi un dos protagonistas da política galega, Feixóo quixo expresar o seu punto de vista. Así, desbotou a súa creación e criticou os cambios de postura manifestados sobre este asunto polo presidente galego. Segundo defendeu, os labores que podería exercer este organismo xa están cubertas.

 

 

No que atinxe a este debate, cabe lembrar que o portavoz nacional do BNG propuxera a creación dun organismo de crédito oficial na Galiza para afrontar a crise desde un maior autogoberno. Cando os medios de comunicación recolleron a proposta de Quintana, o presidente da Xunta, o socialista Emilio Pérez Touriño, advertiu de que "non hai respostas autárquicas nun nacionalistas" para solucionar a crise e desta forma rexeitaba a creación dun instituto de crédito oficial, á vez que lle dicía ao nacionalista que a campaña electoral aínda non comezara.

Días despois, Touriño apuntaba no Parlamento que os socialistas xa levaran a creación dun ICO no seu programa electoral e, en contra do que dixera días atrás, defendía un organismo de crédito para Galiza. Con todo, ao día seguinte, o máximo mandatario galego apostou por "non introducir elementos de inseguridade nun sistema no que xa hai bastante desconfianza". Logo de dicir que todas as súas declaracións respecto ao tema e ao longo dunha mesma semana "non eran contraditorias", achacou o novo rexeitamento ao ICO a que "agora non toca, non é oportuno".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat