Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 24 de d'abril del 2008 | 17:30
Crònica · Galiza

Amnistía Internacional en Galiza


A candea que arde a prol dos homes e mulleres que Amnistía Internacional non conseguiu sacar do cárcere, dos que foron abatidos cando os levaban á prisión, dos que foron torturados, dos que desapareceron... leva consumíndose trinta anos dende a legalización da organización no Estado español. En Galiza, AI leva traballando arreo 20 anos. Dúas décadas nas que se centran cada vez en maior medida a casos máis próximos á xente e nas que a organización desenvolve o seu labor complementando a angueira das organizacións de base e dotándoas da perspectiva do dereito internacional. O balance dos 20 anos de Amnistía Internacional en Galiza contou con máis logros que fracasos. Alberte Estévez, membro do grupo de AI en Vigo, lembra os logros máis importantes da organización nos seus vinte anos de acción no país. "Ademais de traballar nas campañas xerais de AI, centrámonos na consecución do asilo político aos polisóns que viñeron de África cara a costa galega". Eran os noventa. África central estaba bañada en sangue e decenas de homes e mulleres trataban de escapar das matanzas. Algúns conseguíano, pero outros quedaban atrás. "Lémbrome dun ex boxeador ruandés que logrou chegar nun dos barcos a Galiza con setenta anos", apunta. "Eran moitos, malia que o Goberno español ocultaba os datos reais, e o noso labor era facilitarlles o asilo político para que puidesen quedar aquí". A organización tamén traballa arreo na memoria histórica. "A nosa intención é que a Lei da Memoria Histórica estableza a anulación das penas, como acontece en Alemaña", revela Estévez. O grupo vigués apoia o labor da familia dun dos últimos executados durante o franquismo, Xosé Humberto Baena Alonso, "torturado, executado e acusado dun delito que nunca cometera", engade Estévez. "A irmá de Humberto, Flor, leva anos loitando para que se recoñeza a inxustiza, mesmo presentou recursos no Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos e nós tratamos de facilitarlle o proceso".

Un dos asuntos máis recentes nos que se afanou AI é na prohibición das armas Táser de electrochoque na Policía Local. "No Estado español non está regulado seu uso e un sector da policía local de Vigo pretendía empregalas", asegura. O grupo vigués de AI logrou que un compromiso do Goberno municipal para evitar que as armas Táser chegasen ás rúas de Vigo. As armas Táser lémbranlle a Alberte Estévez o caso do senegalés Mamadou Kane, "un exemplo da dificultade de utilizar o agravio por racismo", apunta o membro de AI.

Os alicerces de Amnistía Internacional en Galiza remóntanse ao grupo creado en Lugo. Eran o 1986 e un grupo de estudantes da Universidade de Santiago decidiu crear unha sección de AI no país. Carlos Fernández é un daqueles universitarios que vén traballando de xeito ininterrompido dende os oitenta. Dende aquela, en Lugo organizáronse as dúas únicas asembleas xerais de AI en Galiza.

"Nos primeiros anos centramos os nosos esforzos no traballo a prol dos desaparecidos saharauís", apunta Fernández. A principios dos noventa, 300 daqueles desaparecidos aparecían con vida no territorio dominado por Marrocos. "A continuación, adicámonos aos presos de conciencia", lembra. Este foi o caso de Esteban González González, que AI logrou liberar e veu de Cuba para España. Tamén, o do sacerdote Antonio Puigjané, que durante anos se manifestou coas Nais da Praza de Maio e denunciou a pasividade da Igrexa arxentina cando rematou a ditadura. "Traballamos durante once anos até que saíu liberado", engade.

Amnistía Internacional desenvolveu un labor importante na liberación do guineano Weja Chicampo, que dende 2004 permanecía detido sen cargos no cárcere de Malabo. "Weja escoitou en directo na radio que o Goberno de Lugo pedía a súa liberación", lembra Fernández. "Actualmente, traballamos a prol dun preso de conciencia en Perú", revela.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat