Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 26 de de juny del 2008 | 18:47
Crònica · Galiza

Milleiros de persoas saen a rúa en defensa das rías


Nun mes, A Coruña, Ferrol e Vigo acolleron cadansúa manifestación para reclamar a mediación da Administración na problemática medio ambiental que padecen a Ría do Burgo, a Ría de Ferrol e a Ría de Vigo. A última das marchas tivo lugar o sábado 21 nas rúas da Coruña. Traballadores e traballadoras do mar erixíronse como protagonistas da manifestación na que se reclamou a rexeneración da Ría do Burgo, afectada polos verquidos. Nos últimos meses, sucedéronse iniciativas cidadás e políticas, nos concellos da comarca coruñesa a través de mocións, na cámara española da man do senador do BNG Francisco Jorquera e de Gaspar Llamazares, de IU, e mesmo no parlamento europeo por parte de Willy Meyer.
Á marcha, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 organizacións, asistiron grupos políticos, entre os que estaban o BNG, PP e EU, asociacións ecoloxistas e veciñais, sindicatos e mesmo organizacións deportivas. Os 2.000 manifestantes reclamaron a aplicación da lei para identificar e deter os causantes dos verquidos, a finalización do proxecto integral de saneamento, a posta en funcionamento da EDAS de Bens, un plano de rexeneración medio ambiental de limpeza integral e a recuperación dos bancos de marisqueo. A Plataforma en Defensa da Ría do Burgo convocaron outra manifestación para o 20 de setembro. Contra Reganosa

As rúas de Ferrol acolleron o día 8 deste mes unha marcha para pedir a retirada da planta de Reganosa. Convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a manifestación dirixiuse cara ao concello, onde se uniron os membros do colectivo que levaban pechados toda a semana na casa consistorial como medida de protesta. Os manifestantes pediron "que se faga xustiza" e que se apliquen as sentenzas favorábeis á retirada de Reganosa. O colectivo apuntou que logo de oito anos de loita, aínda existen "novas ameazas", entre as que destacan a "voadura da canle de entrada á ría", "a ampliación da capacidade de regasificación" ou "o transporte de gas natural licuado en camións cisterna".

A Ría non se Vende, contra o cemento

A rede de colectivos A Ría non se Vende celebrou o 25 de maio en Vigo unha manifestación a prol do saneamento integral da ría e contra a privatización do litoral e da macrodepuradora que se prevé construír na desembocadura do Lagares.
Os milleiros de asistentes reclamáronlles ás Administracións o cese da construción de portos deportivos, dos aterrados previstos pola Autoridade Portuaria, da especulación urbanística a escasos metros do litoral, do Plan Acuícola da Xunta e do alto nivel de contaminación. Ao acabar a marcha leuse o manifesto, que defende a preservación da Ría de Vigo como fonte de riqueza natural e de traballo.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat