Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 28 de de novembre del 2008 | 15:00
Crònica · Galiza

Zapatero comprométese co BNG a levar a Navantia-Fene á UE

O Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, comprometeuse co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, a "formular unha nova ofensiva" na Unión Europea (UE) para que o estaleiro de Navantia Fene volva á construción naval civil.

Na súa intervención no Pleno sobre a economía, celebrado onte á tarde na Cámara Baixa, o deputado do BNG Francisco Jorquera propúñalle ao Presidente do Executivo que "defenda na UE que o estaleiro de Navantia Fene volva construír barcos civís porque podería absorber parte do desemprego que se xera noutros sectores".

 

 

Pola súa banda, Zapatero aseguroulle ao deputado do BNG que terá en conta a petición dos nacionalistas galegos e admitiu que é un momento propicio para volver pór enriba da mesa da UE ese tema. Zapatero afirmou que "tomo nota das dúas cuestións que formula e que lle afectan de maneira concreta á UE. Seguramente é un momento apropiado para lanzar unha nova ofensiva que, desde logo, imos intentar".

Neste sentido, o portavoz nacionalista manifestou a súa satisfacción polo compromiso adquirido por Zapatero e subliñou que o BNG traballará no Congreso para que se concrete. "Congratulámonos do compromiso do Presidente do Goberno sobre Navantia Fene e anunciamos que presentaremos iniciativas parlamentares para que esta acción se concrete".

 

 

 

Outra das propostas que formulou o deputado do BNG respecto a Galiza, tiña relación co sector do leite. Jorquera solicitoulle ao Presidente do Goberno que defenda na UE un sistema de cotas lácteas xusto para Galiza.

Zapatero tamén asegurou "tomar nota deste requirimento" aínda que sinalou que a Ministra de Medio Rural está a traballar "na dirección máis apropiada para os intereses dos nosos gandeiros e dos gandeiros de Galiza".

 

 

 

Ademais, Jorquera pediulle ao presidente do Goberno un plan "ambicioso" de investimentos en lugar dunha sucesión de medidas "a contagotas" e, neste sentido, instoulle a "redimensionar" o ICO e a que recorra á SEPI para adquirir participacións de capital en empresas estratéxicas como Repsol. O nacionalista tamén lle propuxo unha redución do IVE como medida para atallar a crise, ao igual que anunciou o primeiro ministro británico, Gordon Brown.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat