Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 29 de de novembre del 2007 | 16:19
Crònica · Galiza

Comeza unha nova etapa nas relacións Galiza-Estado


Os votos dos dous deputados do BNG no Congreso a prol de Magdalena Álvarez, que resultaron decisivos para frear a reprobación e cese da ministra, deron pé a unha apertura nas relacións entre Galiza e o Goberno de Madrid. Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta e líder do BNG, asegurou que a votación amosa "que os galegos e as galegas decidimos en Madrid e iso é bo para Galiza".   Malia que Quintana apuntou que "temos máis dunha razón para manifestar o noso descontento coa ministra", o BNG no canto de reprobala "sen ningunha consecuencia práctica" optou por "poñer a Galiza no debate político". As votacións servíronlles aos nacionalistas para negociar unha serie de materias que estaban na axenda do BNG.

O acordo, que comeza cunha reunión de Quintana co presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, o próximo día 15 de decembro, inclúe o desbloqueo das competencias que o BNG vén reclamando dende o pasado mes de febreiro. O líder do Bloque Nacionalista Galego lembrou que Zapatero tiña un compromiso no Senado polo que, logo do bloqueo de transferencias, se comprometía persoalmente a buscar unha solución. "Dende aquel compromiso no Senado, nunca máis souberamos dunha actitude e dunha posición do presidente para cumprir aquel compromiso". Non obstante indicou que agora, "en virtude do acordado, ese compromiso por parte do presidente vaise cumprir". O vicepresidente da Xunta tamén anunciou a creación dunha Comisión Bilateral de Cooperación para o desbloqueo das transferencias. O compromiso máis importante é o que fai referencia ao traspaso da titularidade dos museos e arquivos que o Estado posúe en Galiza. Entre eles destacan o Museo de Belas Artes, o Arquivo do Reino de Galicia, o Museo das Peregrinacións, o Museo do Catro de Viladonga ou os arquivos provinciais de Lugo e Pontevedra.

Ademais do desbloqueo das transferencias, acordaron facer efectiva a débeda histórica con Galiza en materia social, que se traduce en 51 millóns de euros. Segundo Quintana, xa existe un preacordo para que antes do 15 de xaneiro se poida proceder á sinatura da segunda parte de pago desa débeda. Grazas á negociación de Anxo Quintana co Goberno de Madrid, Galiza poderá contar cun sistema pioneiro tanto no Estado coma en Europa, o servizo público de transporte adaptado. O número telefónico 065 servirá para darlle estabilidade a este servizo. Quintana sinalou que a concesión deste tipo de números sempre se fai con carácter estatal e nunca con carácter exclusivo, algo que agora se lle concede a Galiza.

A votación da reprobación planeou sobre a sesión de control do Parlamento Galego, onde Alberte Núñez Feixóo, líder popular, lembrou as polémicas declaracións de Magdalena Álvarez sobre o Plan Galicia. O PPdeG acusou os nacionalistas de ser cómplices da xestión dunha ministra que pasará á historia pola "nefasta" xestión das infraestruturas. Feixóo apuntou que o BNG "deixou de ter como primeiro obxectivo Galiza para ter o obxectivo de manterse no poder en Galiza".

Pola súa banda, o PSdeG valorou onte o apoio dos nacionalistas á ministra de Fomento, aínda que se esforzou en rebaixar a transcendencia das contrapartidas acadadas polo BNG. Segundo o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, os nacionalistas limitáronse a seguir "a folla de ruta" marcada polo bipartito.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat