Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 28 de de maig del 2010 | 14:03
Crònica · Galiza

PP e PSOE, contra a redefinición das deputacións

As deputacións provinciais e cabidos insulares están a recibir neste 2010 máis de 3.850 millóns de euros, mais esta cifra foi aínda maior o ano pasado, cando chegaron a ingresar 4.960 millóns. Esta última cantidade é a que pretende aforrar este ano José Luis Rodríguez Zapatero cos recortes anunciados o 12 de maio.

Boa parte dos grupos nacionalistas, entre eles o BNG, e Izquierda Unida criticaron estas medidas por afectarlle á maioría da poboación, no canto de actuar sobre as rendas máis altas. As formacións nacionalistas veñen de propoñer como unha das alternativas aos recortes sociais do Goberno a supresión das deputacións. E é que estas institucións reciben a meirande parte do seu orzamento do Estado e apenas recadan impostos. Porén, os principais partidos estatais consideran as deputacións entes ineludíbeis. Ao inicio desta lexislatura, o PPdeG aseguraba que "é imposíbel superar as deputacións de acordo co marco normativo no que nos movemos". O exemplo de Catalunya amosa todo o contrario, xa que mediante unha lei orgánica sete veguerías substituíron as deputacións provinciais.

No Pleno celebrado no Parlamento galego esta semana, PP e PSOE votaron en contra dunha proposición de lei presentada polo BNG para modificar a Lei de Bases de Réxime Local. A súa aprobación significaría a superación das deputacións e o aforro na Administración, ao introducir racionalidade fronte ás actuais duplicidades. O deputado Alfredo Suárez Canal, ex conselleiro de Medio Rural no bipartito, foi o encargado de defender a proposición.

Na súa intervención lembrou que se trata dunha "débeda histórica" e que todos os galeguistas traballaron a prol dunha organización territorial máis acaída á realidade de Galiza. Ademais de advertir a "inutilidade" destes entes provinciais, Suárez Canal aludiu ao funcionamento da Deputación de Ourense, "máis do 24 por cento do seu orzamento é capacidade de gasto e só o 5 por cento ingreso".  A racionalidade e austeridade presentada polo BNG nesta proposición de lei non lles satisfixo nin ao PP nin ao PSOE. Os populares, "lonxe da desaparición das deputacións" apuntaron que "é o momento de apostar por elas como rede de protección aos concellos".

Ademais do voto en contra do PPdeG, tamén rexeitaron a proposición de lei do BNG os socialistas, que apostaron por unha reforma do Estatuto para reformular o papel das deputacións. O PSdeG concordou coa necesidade de redefinir o papel duns organismos que "non poden ser criadeiros de cabalos, ter 30 porteiros, que serven para alimentar tránsfugas ou mocións de censura ou que se aproveitan para organizar congresos de partidos", argumentou en referencia ás de Ourense e Pontevedra. Porén, xustificou o voto negativo do seu grupo porque, na súa opinión, "o escenario natural" desta iniciativa debe ser o Congreso dos Deputados. "Pedimos o aval do Parlamento galego, porque non é o mesmo que se o defenden dous deputados", explicou Suárez Canal para indicar que, se ben o BNG rexistrou esta reforma no Congreso, non ten cota suficiente para introducir todas as súas propostas.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat