Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 23 de de juliol del 2010 | 14:09
Crònica · Galiza

A Xustiza rexeita arquivar a causa contra o conselleiro Hernández

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de rexeitar o sobresemento da causa na que está imputado o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández pola certificación dunha obra sen rematar durante a súa etapa como director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. Ademais, o Alto Tribunal decidiu ampliar a denuncia do PSdeG a dúas persoas máis.

En concreto, o auto do xuíz sinala que agora serán chamados a prestar declaración en calidade de imputados un representante da empresa Sercoysa -empresa adxudicataria da obra coa que Hernández, á súa vez, mantivo un vínculo laboral do 2005 ao 2006- e un técnico de contratación da Deputación de Pontevedra -organismo que promovía a obra en cuestión con fondos europeos.??

O conselleiro xa declarou a principios de mes como imputado en relación con esta causa que se deriva da denuncia do PSdeG presentada en maio do ano pasado no xulgado de garda de Pontevedra. Porén, Hernández negouse a responder a vintena de preguntas que lle formulou o avogado dos socialistas. A acta de declaración sinala que o conselleiro se acolleu "ao seu dereito de non contestar" as preguntas da parte querelante. Si explicou Hernández a preguntas da Fiscalía que cando estampou a súa sinatura "non examinou" a certificación. Así, incidiu en que non interveu "para nada" na obra e asegurou que se decatou do acontecido pola querela do PSdeG e polo seguimento que se fixo do tema.

Feixóo xustifícao
Unha vez máis, Feixóo -que hai uns meses prognosticou que o TSXG arquivaría a causa- volveu saír na defensa do seu conselleiro. Onte mesmo ratificaba a súa "confianza" no titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. En relación ao caso no que está imputado Hernández, Feixóo admitiu que certificar obras sen finalizar para non perder fondos europeos "é unha práctica que realizan os funcionarios desde hai décadas". "Faise na Xunta, nas deputacións e nos concellos, moitas veces sen aval", insistiu, convencido de que son os xuíces quen deben "dilucidar" se ten algún tipo de "responsabilidade administrativa" e, de ser así, "non se poderá facer en ningunha institución".

Distinta valoración fixo o secretario xeral do PSdeG -partido que denunciou a Hernández-, Manuel Vázquez, quen cuestionou a continuidade do imputado como conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas. O líder dos socialistas galegos preguntouse "onde está o compromiso ético de Feixóo" ao manter o conselleiro que debe garantir a obra pública malia estar imputado nunha causa que se acaba de ampliar. Vázquez considera que o Executivo que dirixe o líder do PPdeG "reflicte a antítese da ética e a austeridade".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat