Indica publicitat
Dijous, 9 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 6 de de març del 2008 | 17:32
Crònica · Galiza

Os sindicatos agrarios únense fronte ás industrias do leite

Os tres sindicatos do agro, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores, eríxense en contra dos empresarios, que están a diminuír os prezos que lles pagan aos gandeiros polo leite. Nunha rolda de prensa conxunta, os tres sindicatos advertiron que comezarían a organizar actos de protesta puntuais en contra da baixada dos prezos. Non obstante, descartaron grandes mobilizacións, como tractoradas, ao estar en período electoral.

Os sindicatos refírense a unha "baixada unilateral" e "ilegal" de até seis céntimos por litro, o que supón unha caída do 13 por cento. O prezo medio actual acada os 0,45 euros por litro. Na actualidade son 14.000 as explotacións gandeiras que sobreviven. Segundo os datos de Unións Agrarias, dende o 1993 desapareceron máis de 60.000 granxas adicados ao leite. Fronte a esta situación, os sindicatos falan da creación dun grupo lácteo galego. Un dos obxectivos deste ente sería o freo ás baixadas dos prezos.

De aplicarse rebaixas superiores aos cinco céntimos, as tres organizacións advirten da complicada situación que se lles presenta para moitos gandeiros. Tanto os tres sindicatos do agro como a Federación de Produtores Lácteos de Galicia sinalan que non existen razóns obxectivas para emprender os recortes de prezos. Pola súa banda, a Fenil, Federación Nacional de Industrias Lácteas, apunta que a caída dos prezos do leite en orixe débese á adaptación do sector a un "cambio cíclico normal" que se está a dar no mercado mundial.

 

Mobilizacións fronte a Puleva

Polo de agora, os tres sindicatos concentráronse fronte á da sede de Puleva, en Lugo. As organizacións sindicais apuntaron que esta caída dos prezos foi anunciada por tres empresas, entre as que se atopa Puleva, e aféctalle ao 30 por cento dos gandeiros na Galiza. Os sindicatos temen que esta baixada repercuta noutras industrias.

Segundo os sindicatos foron cerca de tres mil, 1.500 segundo a policía, os manifestantes que cortaron o tráfico para dirixirse logo á porta principal da fábrica. Un grupo de gandeiros que se concentraron en contra da caída do prezo do leite romperon o cordón policial, momento no que se rexistrou unha carga policial, e entraron en Puleva, onde causaron desperfectos en caixas de leite e lotes de mantequilla. Durante máis dunha hora non entraron nin saíron camións da fábrica.

Se a empresa non se retracta, o desconto producirase na liquidación do mes de febreiro, que é a que os gandeiros recibirán nos próximos días. Prevese que, se baixa o prezo do leite, algúns gandeiros veranse na obriga de pechar as explotacións. Pola outra banda, o prezo final que paga o consumidor aumentou nun 20 por cento ao longo do ano.

As organizacións sindicais non descartan denunciar o caso perante ao Tribunal da Competencia. Os tres sindicatos endurecerán as mobilizacións se non xorde ningunha solución antes do día 13 deste mes.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat