Nunca Máis voltase a manifestar en Compostela. Contra o esquecimento do Prestige e os seus efectos, decretado polo PP para minimizar o desgaste electoral no posíbel. Pero o Prestige continúa a ser o principal problema co que se enfronta Galiza. Seis meses despois da maior catástrofe da súa historia, persiste a mesma situación de desamparo. Non existe solución definitiva para o barco, nin medios pa Nunca Máis voltase a manifestar en Compostela. Contra o esquecimento do Prestige e os seus efectos, decretado polo PP para minimizar o desgaste electoral no posíbel. Pero o Prestige continúa a ser o principal problema co que se enfronta Galiza. Seis meses despois da maior catástrofe da súa historia, persiste a mesma situación de desamparo. Non existe solución definitiva para o barco, nin medios para localizar o fuel e impedir que chegue a costa, nin medidas que impidan outro desastre parecido. Só existe un Plano Galiza, virtual, sen prazos e cuns orzamentos unicamente dotados para insertar publicidade e mercar a vontade dos medios. Pero os galegos, teimudos, na vez de esquecer deciden esixir.