Se temos que crer a propaganda do PP, a catástrofe do Prestige foi unha benzón: permitiu a posta en marcha do Plano Galicia e non alterou a economía galega que aínda había rexistrar "unha dinámica de crecemento de emprego nunca vista" (o ano pasado emigraron 64.500 galegos, a maioría mozos das zonas máis desenvolvidas e do chamado Plano Galicia só ha
Se temos que crer a propaganda do PP, a catástrofe do Prestige foi unha benzón: permitiu a posta en marcha do Plano Galicia e non alterou a economía galega que aínda había rexistrar "unha dinámica de crecemento de emprego nunca vista" (o ano pasado emigraron 64.500 galegos, a maioría mozos das zonas máis desenvolvidas e do chamado Plano Galicia só hai promesas). Pero os estudos que están a aparecer reflecten outra realidade moi distinta. Un deles, realizado polo Universidade de Vigo considera que só un ano despois da catástrofe, os danos causados nos distintos sectores da economía galega ascendían xa a máis de 2.500 millóns de euros. Moitos destes danos, aínda que sexan reclamábeis, non seránresarcíbeis. E non se fala de danos morais nin se calculan os medioambientais en estricto senso. Na pesca, o máis malo aínda está por chegar. A profesora Mª do Carmo García Negro, baseándose nos estudos realizados no embarrancamento doutros petroleiros, considera que a maior incidencia na redución de capturas prodúcese aos sete anos do vertido de hidrocarburos. Só existe un dato positivo: o pagamento das axudas aos mariñeiros e armadores foi rápido (non así aos que puxeron os barcos para retirar chapapote), tanto que na Costa da Morte as denominadas barras americanas multiplicáronse por dez.