Indica publicitat
Dijous, 9 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 15 de de novembre del 2007 | 16:37
Crònica · Galiza

Quinto aniversario da catástrofe do Prestige

Durante esta semana estanse a celebrar os actos convocados co gallo do quinto aniversario da marea negra. Mostras de agradecemento, cruces de acusacións entre os partidos e advertencias que apuntan que outro Prestige é posíbel repítense cinco anos despois de que a costa galega quedase tinguida de negro nun dos peores desastres ambientais da historia de Galiza.
O Parlamento galego non foi alleo a un debate que cinco anos despois desata inquedanzas na sociedade galega. E é que cinco anos non son suficientes para borrar as pegadas físicas e morais que xurdiron tras a catástrofe do Prestige. Durante a súa intervención na sesión do parlamento, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, quixo subliñar que nos últimos anos téñense producido avances na capacidade de resposta da Administración perante accidentes semellantes. Non obstante, advertiu que "non existe unha blindaxe total" contra mareas negras. Ao igual que apuntou anos atrás, Touriño asegurou que o suceso marcou "un antes e un despois" en seguridade marítima e que a sociedade é máis esixente co poder político.  En canto á seguridade marítima, Carlos Aymerich, voceiro do BNG, manifestou que "hai moito por facer". Aymerich apuntou que Galiza "é un gran negocio" para o Estado en seguridade marítima, algo que, segundo o nacionalista podería xustificar que dende Madrid non se queira traspasar as competencias nesta materia. O voceiro do BNG quixo subliñar que actualmente o buque anticontaminación máis próximo atópase en Brest (Francia) e que só existe un helicóptero para estes accidentes, que é de titularidade privada e cun custo de aluguer de 2.300 euros por hora. Fronte ás verbas do voceiro do BNG, Touriño responde u que agora hai dous gobernos comprometidos coa seguridade marítima, o de Galiza e o de Madrid.

Pola súa banda, o secretario do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, preguntoulle a Touriño en qué ría metería o buque no caso de ser el quen xestionase a crise no 2002. Touriño, que non lle respondeu á pregunta, asegurou que "dende logo non estaría de caza, senón que tomaría o timón". Núñez Feixóo empregou parte do tempo da súa intervención en explicar cómo xestionou o PP a crise do Prestige, ao contrario que Touriño, que subliñou os logros da actual Xunta na xestión do cargueiro noruegués Ostedijk. O líder do PP en Galiza mesmo acusou á Consellaría de Pesca de ter "secuestrado" un libro da Universidade de Santiago de Compostela sobre o desastre do Prestige. Feixóo lamentou a "soidade" coa que tivo que traballar o Goberno galego durante a crise mentres a oposición presentaba mocións de censura.

Actividades de homenaxe
O líder do BNG, Anxo Quintana, acudiu a Carnota, un dos lugares máis afectados pola marea negra, para homenaxear os voluntarios que se implicaron nos labores de limpeza do chapapote. Durante o acto, o nacionalista aproveitou para reclamar, unha vez máis, a transferencia en materia de seguridade e salvamento marítimo. Quintana asegurou que a demanda é apoiada por todas as forzas políticas de Galiza.

Pola súa banda, Touriño asistiu a Muxía e durante o acto definiu a xestión do Prestige como "un cúmulo dificilmente inigualábel de disparates técnicos, políticos e administrativos". Segundo o socialista, o PP optou por "aplicar as peores políticas de mirar para o outro lado, de non asumir responsabilidades". Tamén fixo referencia á manipulación dos medios por parte do PP.

O líder do PPdeG foi á Costa da Morte para "a dar a cara" e advertiu que nunca utilizará "un accidente para destruír un goberno democrático".

Durante os próximos días, continuarán os actos de homenaxe aos voluntarios, con intervencións dos políticos e actuacións musicais.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat