Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 10 de de juliol del 2009 | 14:13
Crònica · Galiza

UPyD tamén sofre unha crise interna en Galiza

Días despois de que Mikel Buesa abandonase UPyD, partido que contribuíu a fundar xunto a Rosa Díez e Carlos Martínez Gorriarán, saíu á luz a suspensión de militancia de 14 dirixentes críticos co aparello da formación. A cúpula da organización en Galiza non é allea á crise interna de UPyD.

O partido de Rosa Díez expulsou recentemente a Ildefonso Cejudo, o que fora cabeza de lista por Ourense para o Congreso nas eleccións do 2008.

UPyD volve regresar aos medios de comunicación por un conflito que rematará na expulsión de 14 dirixentes críticos coa liña do partido de Rosa Díez. Os afiliados, que xa foron suspendidos de militancia, son acusados de promover unha web crítica con UPyD.

A crise interna do partido tamén salpica as filas galegas. O que fora coordinador da organización de Rosa Díez en Galiza e cabeza de lista por Ourense nas eleccións xerais do ano pasado, o médico Ildefonso Cejudo, foi expulsado sen sequera ter sido recibido para ser escoitado polos dirixentes.

Nun escrito enviado á Dirección de UPyD pouco antes de celebrarse as eleccións galegas, o pasado 1 de marzo, un total de 35 afiliados protestaron polo "linchamento político de Cejudo" e pediron a súa restitución como coordinador do partido en Galiza. "Ildefonso Cejudo reúne as condicións de liderado imprescindíbeis para atravesar etapas transitorias na constitución dun partido profundamente democrático". Na misiva tamén denuncian eleccións "a dedo" nos comités provinciais de UPyD.

A contestación, asinada por membros do Consello de Dirección de UPyD, subliña que Cejudo lle pediu ao órgano directivo "confianza absoluta", algo que o aparello viu esaxerado. A cúpula do partido de Rosa Díez considerou as propostas de organización de Cejudo en Galiza moi distantes ás aprobadas polo Consello Político.


Cejudo crea unha asociación con ex afiliados de UPyD

Nutríndose dun grupo de afiliados excluídos de UPyD, Cejudo creou en Ourense a Asociación Libertad, Progreso y Democracia (LPD) como "foro de debate" que naceu "sen pretensións de entrar ao xogo político", xa que entende que para iso "xa está UpyD".

No seu blog, a entidade achega as "inquietudes e ideas en todos os campos que lle afectan á vida dos cidadáns do noso país". Entre as liñas de acción de LPD ocupa un lugar salientábel unha campaña para "salvar" o claustro de San Francisco, entradas a prol da enerxía nuclear ou un post en defensa de Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe. E é que a asociación préstalle ao conflito lingüístico unha atención especial. Nunha información titulada "Por Fin!!!", o blog alude á "zoupada do Parlamento Europeo á inmersión lingüística obrigatoria".

A blog tamén recolle unha carta enviada por UPyD á asociación por un "uso indebido e non autorizado do símbolo do partido político". A misiva, que ameaza con imporlle unha sanción a LPD, refírese a uns carteis que se colgaron "sen autorización" nos balcóns da sede da asociación.

Molesto co documento, Pablo Cachafeiro, membro da Xunta Directiva de LPD, respondeulle a UPyD cunha carta que tamén mostra o blog. Na contestación Cachafeiro, que subliña que non é afiliado do partido, di "non entender o problema". "Os carteis foran retirados había días" e "foran colgados con motivo da visita de Rosa Díez" a Ourense. Segundo Cachafeiro, a propaganda fora posta na fachada da sede da entidade "a instancias dalgúns membros da nosa asociación e membros do seu partido". "Máis ben esperaría unha carta de agradecemento pola propaganda gratuíta", apunta.

No escrito, Cachafeiro critica que afiliados de UPyD pagaron "do seu peto" gorras, bolígrafos, chapas, chisqueiros... co logo do partido "sen que nin lles agradecesen o xesto nin os denunciasen por un uso indebido da marca". "Mesmo pagaron do seu peto 20.000 papeletas electorais", engade o membro da Xunta Directiva.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat