Indica publicitat
Divendres, 10 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 31 de d'octubre del 2008 | 15:55
Crònica · Galiza

O BNG pide garantías contra actos partidario-institucionais

O grupo parlamentar do BNG, a través do deputado Iago Tabarés, reclamou 'mínimas garantías democráticas' nos procesos electorais para evitar actos 'partidario-institucionais' alén de Galiza como o protagonizado hai uns días polo presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, na Arxentina e máis no Uruguai. O caso de Baltar tamén favoreceu as críticas do PsdeG. A secretaria de Organización dos socialistas pide a dimisión inmediata do presidente da Deputación.

 

 

O deputado nacionalista Iago Tabarés insistiu hoxe na necesidade de reforzar os procesos electorais coas "mínimas garantías democráticas". O obxectivo pasa por evitar  desta forma actos "partidario-institucionais". Tabarés recoñeceu hoxe non sentirse "sorprendido" polo feito de que Baltar aproveitase dous mitins do PP en Bos Aires e en Montevideo para rubricar senllos convenios con cargo aos orzamentos da Deputación de Ourense. Con todo, expresou o seu "temor" de que este tipo de "eventos que mesturan o partidario e o institucional" se multipliquen ante a proximidade das eleccións autonómicas.

 

  

Tabarés preguntoulle hoxe ao Goberno galego se ten constancia do ocorrido e se vai adoptar algún tipo de medidas para que non se repitan estas actuacións. "A diferenza do que ocorreu en procesos electorais precedentes", apostilou. Tamén inquiriu a Xunta sobre se a normativa vixente permite evitar este tipo de comportamentos e que coñecemento ten a Xunta dos investimentos e das axudas que lles conceden aos centros galegos no exterior as diferentes entidades locais, de forma especial as deputacións.

 

  

O nacionalista suxeriu a necesidade de que exista "algún tipo de coordinación" en política migratoria entre a Xunta e as institucións provinciais, que permita unha "maior eficiencia" na administración do diñeiro público e, ao mesmo tempo, a mellora da calidade de vida dos residentes no exterior.

   

Malia que "non son nin novas nin sorprendentes", o nacionalista censurou as actuacións de "intento de manipulación" do voto dos residentes no exterior. "Supón unha grave vulneración das regras básicas da democracia así como unha administración arbitraria de fondos públicos", denunciou. "Por experiencia", o BNG prevé que estes actos continúen de aquí á celebración dos comicios galegos.

   

Mentres que as reaccións chegan do BNG e do PsdeG, a Deputación de Ourense afánase en informar que tanto o presidente Baltar, como a súa esposa, pagaron "do seu propio peto" a viaxe que realizaron á Arxentina e ao Uruguai. A Deputación explicou que o propio Baltar recoñeceu que o lugar onde se celebrou un mitin do PP "non era o máis adecuado" para asinar un convenio co Fogar Español de Montevideo. "Foi alí onde llo trouxeron os encargados da súa redacción, que foron os propios membros do Fogar Español de Montevideo", xustificou.

   

A institución ourensá concluíu que "en ningún momento" Baltar realizou unha utilización partidaria da Deputación que preside e asegurou que quen si o fan son os integrantes da Xunta, "que chegan a inserir publicidade institucional pagada por todos os galegos mesturada co seu propio partido político".

   

Pola súa banda a secretaria de Organización do PSdeG, Mar Barcón, solicitou hoxe a dimisión "inmediata" do presidente do PP e da Deputación de Ourense e reclamoulle tamén ao líder do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, que asuma responsabilidades e que lles dea explicacións aos galegos.

   

"Queremos reclamar con absoluta contundencia ao señor Feixóo que lle dea explicacións á cidadanía galega dos feitos que cometeu o señor Baltar, nesa viaxe que mesturou partidismo e viaxe institucional", aseverou Mar Barcón.

   

A responsábel de Organización do PSdeG cualificou de "vergoña" esta actitude e advertiu de que "os galegos non merecen esta política de trileiros", ante a que lle reclamou ao presidente do PPdeG "dimisións ou que presente o seu cargo" e asuma el mesmo responsabilidades políticas.

   

Barcón ve nesta actuación un "insulto á cidadanía" e o tipo de política exterior "que lle gusta" ao PP, e que consiste en "manipular" os españois no exterior e os emigrantes galegos ao "utilizar o diñeiro público para facer partidismo e propaganda do PP".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat